Aprobada a modificación dos estatutos pola Asemblea Xeral da Federación Galega de Fútbol, en reunión extraordinaria do 14 de decembro de 2013, e ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Resolución do día 24 de xullo de 2014, de conformidade co artigo 54.7º da Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, procédese ao anuncio da modificación dous seus estatutos e regulamento disciplinario, dos cales foi depositada copia íntegra no Rexistro de Entidades Deportivas e Deportistas de Galicia e na Secretaría Xeral para o Deporte e publicados na páxina web da propia Federación Galega de Fútbol (www.futgal.es).
A Coruña, 9 de setembro de 2014
José García Liñares
Presidente da Federación Galega de Fútbol