Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43055

IV. Oposicións e concursos

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2014 pola que se convoca para a súa cobertura un posto de persoal directivo vacante nesta axencia (director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais).

En virtude do Decreto 252/2011, do 15 de decembro (DOG número 10, do 16 de xaneiro de 2012) polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para a cobertura do posto que se indica no anexo I desta resolución, regulado no artigo 21.2.4 dos estatutos da Amtega, aprobados polo citado Decreto 252/2011, do 15 de decembro.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as candidatos/as que reúnan os requisitos sinalados no anexo I. Na valoración das solicitudes presentadas polos aspirantes atenderase aos principios de mérito e capacidade e aos criterios de competencia profesional e idoneidade e adecuación do perfil profesional da persoa candidata, en relación co posto de traballo que se vai desempeñar.

Terceiro. As solicitudes dirixiranse por escrito, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, á Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Cidade da Cultura de Galicia-Edificio CINC, 2ª planta, Monte Gaiás, s/n, 15702, Santiago de Compostela), no prazo de 15 días contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e poderán presentarse en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Serán excluídos do proceso de selección todos aqueles aspirantes que non reúnan os requisitos de participación exixidos na presente convocatoria ou que presenten a súa solicitude fóra de prazo ou incumpran os termos formais de presentación sinalados.

Cuarto. Os/as aspirantes deberán unir á súa solicitude un curriculum vitae en que consten títulos académicos, anos de servizo, postos de traballo desempeñados, estudos e cursos realizados, así como calquera outro mérito que se coide oportuno poñer de manifesto, xustificando documentalmente os méritos que aleguen. Os méritos alegados e non probados da maneira indicada non se terán en conta.

Quinto. Esta convocatoria será resolta polo Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, de acordo co previsto no artigo 14.l) dos estatutos deste organismo, aprobados polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no DOG e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserto o posto de traballo.

Sétimo. O prazo para a toma de posesión do posto adxudicado será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O prazo posesorio empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Oitavo. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Dirección da Amtega, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderá impugnala directamente, á súa elección, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

María del Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

Anexo I

Código: PX.A11.00.005.15770.001.

Denominación do posto: director/a da Área de Solucións Tecnolóxicas Sectoriais.

Dependencia: Dirección da Amtega.

Localidade: Santiago de Compostela.

Forma de provisión: persoal directivo (artigo 79 da Lei 16/2010, do 17 de decembro/Decreto 119/2012, do 3 de maio).

Directivo do grupo III, nivel 2.

Tipo de persoal: funcionario (subgrupo A1).

missing image file