Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43061

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante da xefatura do Servizo de Control de Concertos e Prestacións Externas.

Convocada a provisión do posto vacante da xefatura do Servizo de Control de Concertos e Prestacións Externas, na Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, mediante Resolución da Xerencia do 22 de abril de 2014, anunciada no DOG nº 100, do 27 de maio, de conformidade co establecido no artigo 50 e seguintes do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 145, do 29 de xullo), e a Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en uso das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG nº 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG nº 199, do 15 de outubro), polo que se regulan as estruturas de Xestión Integrada, o xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

RESOLVE:

Primeiro. Nomeamento: adxudicarlle o posto de traballo que se indica a persoa que se recolle no anexo.

Segundo. Toma de posesión e cesamento: a persoa adxudicataria do posto de libre designación deberá cesar na praza de procedencia dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase por praza de procedencia a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

O prazo de toma de posesión do posto de traballo obtido por esta convocatoria de libre designación será tamén con carácter ordinario dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento e tamén de acordo co previsto no artigo 30.2 do Decreto 206/2005.

Por necesidades do servizo, e por petición motivada da interesada sempre que o permitan as necesidades de servizo, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

A toma de posesión do posto adxudicado comportará o cesamento automático da persoa que veña desempeñando o posto adxudicado, de ser o caso.

O cesamento do nomeamento obtido polo sistema de libre designación será discrecional para o órgano convocante.

Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 11 de setembro de 2014

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Nome e apelidos: Sonia Lorenzo Otero.

DNI: 52492644C.

Posto: xefatura do Servizo de Control de Concertos e Prestacións Externas.

Grupo clasificación: A2.

Nivel CD: 26.

Categoría: grupo de xestión da función administrativa do Servizo Galego de Saúde.

Centro directivo: Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

Localidade: Pontevedra.