Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 18 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, que notifica a resolución do recurso de alzada RAI-OU-96/12 (IN635A 2011/2-3).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase por anuncio no DOG a resolución do procedemento á interesada que se sinala no anexo.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen oportuno.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: RAI-OU-96/12 (IN635A 2011/2-3).

Interesada: Hervasa Barco, S.L.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.