Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e residuos voluminosos que a Compañía Española de Servicios Públicos y Auxiliares, S.A. (CESPA) posúe no concello de Cerceda (A Coruña). Clave do expediente 2014-IPPC-I-70.

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico para solicitude de AAI. Planta de tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e residuos voluminosos. Agosto de 2014.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-70.

Peticionario: Compañía Española de Servicios Públicos y Auxiliares, S.A. (CESPA).

Domicilio social: avenida Catedral, 6-8, 08002 Barcelona.

Localización da instalación: polígono industrial do Acevedo, parcela A, 15185 Cerceda (A Coruña).

Actividade: tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e residuos voluminosos.

Descrición: a actividade da planta consiste no tratamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e residuos voluminosos. Para a xestión de todos os residuos admitidos na planta téñense en conta as seguintes liñas:

– Valorización de residuos perigosos de aparellos eléctricos e electrónicos (aparellos de intercambio de temperatura).

– Valorización de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (grandes electrodomésticos desbotados non perigosos).

– Valorización de residuos perigosos de aparellos eléctricos e electrónicos (monitores e pantallas de tubos de raios catódicos).

– Valorización de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (pequenos electrodomésticos desbotados non perigosos).

– Valorización de residuos voluminosos de orixe doméstica na nova nave de Galopín.

– Almacenamento de residuos perigosos (tubos fluorescentes e outros residuos que conteñen mercurio).

Os procesos auxiliares da actividade da planta, son:

– Planta de procesamento de gases: durante os procesos de trituración, aspiración, filtraxe e peletización de PUR cóntase cun sistema de extracción de gases contaminantes (clorofluorocarbonatos, pentano) que se encarga de transportalos cara á planta de procesamento de gases, onde se leva a cabo un proceso paralelo de filtraxe, condensación e almacenamento que ten como finalidade o illamento dos gases prexudiciais para o ambiente das espumas que lles fan de soporte.

– Verteduras: as augas residuais fecais son tratadas en dúas fosas sépticas (oficinas e nave RAEE) e as augas residuais pluviais son tratadas en dous separadores de graxas antes de vertelas ao rego das Cabancas. Non dispoñen de augas residuais de proceso.