Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 2 de outubro de 2014 Páx. 43091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de setembro de 2014, do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, polo que se notifica a incoación do expediente sancionador PN-PO-2014/18-NAV.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal sen efecto, notifícaselle á persoa que se sinala no anexo a incoación de expediente sancionador por infracción da Lei 15/2002, do 1 de xullo, pola que se declara o Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia.

A denunciada poderá presentar nun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo na sede do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, sito na rúa Oliva, nº 3, 2º andar, en Vigo, conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Vigo, 10 de setembro de 2014

José Antonio Fernández Bouzas
Director-conservador do Parque Nacional Marítimo-Terrestre
das Illas Atlánticas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesada

PN-PO-2014/18-NAV

Distribuciones Vitivinícolas Melide, S.L.