Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42945

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de nomeamento de asesor xurídico.

Acordo da Xunta de Goberno Local do 25 de setembro de 2014 mediante a que se resolve a convocatoria para a provisión, polo procedemento de libre designación, do posto de asesor xurídico do Concello de Ourense.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de asesor xurídico deste concello (DOG do 13 de agosto; corrección de erros DOG do 1 de setembro), a Xunta de Goberno Local, en sesión do 25 de setembro de 2014, acordou:

Nomear a Juan Ramón Costas Núñez (32796803E) asesor xurídico, de conformidade co disposto no artigo 129 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Estes prazos empezarán a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación do acordo de nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso potestativo de reposición ante a Xunta de Goberno Local no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados a partir da mesma data.

Ourense, 25 de setembro de 2014

Carmen Rodríguez Dacosta
Directora xeral de Recursos Humanos