Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42947

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 23/14).

Por Decreto da Alcaldía do 5 de setembro de 2014 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 23/14).

2. Obxecto do contrato: impartición de diversas actividades (en centros de asociacións culturais e veciñais) para o curso 2014/15.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 123.129,60 € (101.760 € máis 21.369,60 € en concepto de IVE), polo prazo de 8 meses (curso 2014/15: do 1.10.2014-31.5.2015).

5. Prezos unitarios: máximo 30 €/hora.

6. Lotes: lote 1 cun orzamento de 67.200 € (máis IVE) para actividades para a poboación en xeral e para o lote 2 cun orzamento de 34.560 € (máis IVE) para actividades para maiores de 55 anos (dentro do programa Tempo para nós).

7. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

8. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

9. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

10. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

11. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 5 de setembro de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde