Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración dunha barreira de contención para a loita contra a contaminación mariña. Actuación cofinanciada pola Unión Europea, fondos Feder, nun 65 % (expediente 17/2014).

missing image file

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración dunha barreira de contención para a loita contra a contaminación mariña.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20568

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 115, do 18 de xuño de 2014.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 33.057,85 €; IVE (21 %): 6.942,15 €; importe total: 40.000,00 €.

Valor estimado: 33.057,85 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 19 de agosto de 2014.

b) Adxudicataria: Iturri, S.A.

c) Importe: 29.890,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 6.276,90 €.

Importe total: 36.166,90 €.

d) Data de formalización do contrato: 4 de setembro de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar