Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42794

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de setembro de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/24/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 26 de agosto de 2014 ditou resolución pola que se ordena a demolición das obras de construción dunha edificación de planta baixa, piscina soterrada e grella, na baixada aos Eidos de Vilar, s/n, barrio da Igrexa, Vilar de Infesta, no termo municipal de Redondela, provincia de Pontevedra, que non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico, e a reposición dos terreos afectados ao estado anterior ao inicio das obras, así como o cesamento definitivo dos usos aos que desen lugar. A orde de demolición deberá ser executada no prazo de tres meses contados desde a notificación da presente resolución, dando conta á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Benjamín Bada Martínez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística