Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de deseño e promoción de rutas ornitolóxicas en Galicia, licitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 29 de abril de 2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de deseño e promoción de rutas ornitolóxicas en Galicia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación: 202.479,34 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de agosto de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 1 de setembro de 2014.

c) Adxudicatario: Habitat Estratexias, S.L.

d) Importe de adxudicación: 202.479,34 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa (prezos unitarios: prezo/palabra) ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia