O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño) impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo 1
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorpora como anexo I a esta resolución.
Artigo 2
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2014, que se incorpora como anexo II a esta resolución.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2014
Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería
de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño,
xullo e agosto de 2014
Importe € |
Data sinatura |
|
Acordo de Coordinación entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), para o cofinanciamento do proxecto Mellora da transformación e comercialización de produtos pesqueiros realizados por mulleres de comunidades dedicadas á pesca e acuicultura en Nicaragua. |
125.000 € |
12.5.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra en materia de Protección Civil. |
5.500 € |
14.5.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Coruña para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello. |
46.500 € |
22.5.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ferrol para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello. |
46.500 € |
22.5.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Culleredo para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello. |
46.000 € |
22.5.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Lugo para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello. |
46.500 € |
22.5.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Institución Benéfico Social Padre Rubinos. |
25.000 € |
13.6.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Eduardo Pondal para o desenvolvemento de accións de proxección e visibilización do labor da muller na Costa da Morte a través dunha unidade coordinadora da proxección da muller no rural: Casa da muller e da igualdade. |
11.000 € |
13.6.2014 |
Convenio de Colaboración e Coordinación entre o Ministerio do Interior e a Xunta de Galicia en materia de seguridade nos edificios da administración de Xustiza en Galicia. |
1.716.890,39 € |
16.6.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Consorcio Conca do Lérez para a mellora de hábitat para fomentar a biodiversidade de especies animais no ámbito territorial do Consorcio Local Conca do Lérez. |
45.000 € |
16.6.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (Sogaps) para a realización do proxecto Prestación de axuda sanitaria e material sanitario e construción e dotación dunha casa para os médicos na Wilaya de Bojador. |
100.000 € |
16.6.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as tres universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para o proxecto de conformación dunha rede Galega de Cooperación Universitaria para o desenvolvemento. |
99.000 € |
16.6.2014 |
Convenio entre a Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado, a Deputación Provincial da Coruña e o Centro de Estudos Xurídicos, relativo ao programa de formación continuada de fiscais Escola de verán do Ministerio Fiscal. |
25.000 € |
25.6.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ourense para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de violencia de xénero dependente do concello. |
46.500 € |
26.6.2014 |
Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Xunta de Galicia e mais a Deputación Provincial da Coruña relativo á escola de verán do Poder Xudicial, programa de formación continua dos integrantes da carreira xudicial para o ano 2014. |
25.000 € |
1.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, para a execución do proxecto Plan de sensibilización 2014: os obxectivos do Milenio: fin e principio. |
40.000 € |
2.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Faraxa pola abolición da prostitución para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
35.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Ecos do Sur, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
44.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Hermanas Oblatas de Ferrol, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
52.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Adoratrices de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
56.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Médicos del Mundo, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
53.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cruz Vermella Española, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
26.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
77.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
56.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Comisión Católica Española de Migración (ACCEM), para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
25.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesana de Lugo, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
22.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Aliad Ultreia, para o desenvolvemento dun programa de atención a vítimas de trata de seres humanos, preferentemente inmigrantes, con fins de explotación sexual e/ou laboral, confinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 e co Feder do P.O. 2007-2013 para Galicia. |
26.000 € |
7.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e as Organizacións non Gobernamentais, Solidariedade Internacional de Galicia, Asociación Galega de Reporteiros Solidarios e Mundo Cooperante Galicia, para a execución do proxecto Cooperación Galega: O mundo que queremos. |
50.000 € |
9.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Galega contra o Narcotráfico. |
17.000 € |
10.7.2014 |
Protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Colexio de Arquitectos de Galicia, para a prestación de asistencia pericial á Administración de Xustiza. |
0 € |
15.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación. |
18.000 € |
16.7.2014 |
Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Compañía de Radio Televisión de Galicia. |
0 € |
16.7.2014 |
Convenio de colaboración entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Ministerio Fiscal, O Colexio de Avogados de Pontevedra e mais a Universidade de Vigo para a implantación experimental dun programa de mediación familiar intraxudicial para o ano 2014 en Pontevedra. |
30.000 € |
18.7.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Organización non Gobernamental, Médicos sin Fronteras España, para a execución do proxecto Campaña de sensibilización Santiago sen fronteiras. |
3.800 € |
21.7.2014 |
Adenda ao convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e Farmacéuticos Mundi, para actuacións de acción humanitaria e de emerxencia. |
35.975 € |
1.8.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello do Grove, para a creación e o mantemento dun grupo local de atención a emerxencias. |
30.564,71 € |
5.8.2014 |
ANEXO II
Convenios de colaboración subscritos pola Vicepresidencia e Consellería
de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2014
Importe € |
Data sinatura |
|
Convenio marco de colaboración en materia de xestión electoral entre a Administración Xeral do Estado (Ministerio do Interior) e a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. |
0 € |
11.2.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil da Provincia da Coruña en materia de Protección Civil. |
5.500 € |
24.4.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Estrada en materia de Protección Civil. |
9.000 € |
24.4.2014 |
Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e UNRWA (Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados de Palestina) Comité Español, para o proxecto Provisión de alimentos de primeira necesidade ás familias máis vulnerables afectadas polo bloqueo. |
20.000 € |
30.4.2014 |