De conformidade co disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a acta de advertencia do expediente PSC-CO-0470/2014-COP.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º andar (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da dita acta e constancia de tal coñecemento.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
A Coruña, 10 de setembro de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0470/2014-COP.
Persoa interesada: José Braulio Fernández Suárez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: O Restollal, 50, Santiago de Compostela.