Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42783

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización
do contrato dunha subministración de catorce vehículos de prevención e
defensa contra os incendios forestais (proposta 95/13-I), actuación cofinanciada por fondos do Estado nun 50 % dentro do Plan de desenvolvemento rural sustentable (PDRS 2010-2014), eixe 2, infraestruturas e equipamentos básicos (expediente 12/2014).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración de catorce (14) vehículos de prevención e defensa contra os incendios forestais (proposta 95/13-I).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20310

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 16 de abril de 2014; BOE do 23 de abril e DOG núm. 84, do 5 de maio.

e) División por lotes e número: si

• Lote 1: nove (9) vehículos todo terreo con capacidade mínima para 3 persoas e 3.000 litros de capacidade útil para auga.

• Lote 2: cinco (5) vehículos todo terreo con capacidade mínima para 5 persoas e 2.400 litros de capacidade útil para auga.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 1.652.892,50 €; IVE (21 %): 347.107,43 €; importe total: 1.999.999,93 €.

Valor estimado: 1.652.892,50 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato:

• Lote 1: nove (9) vehículos todo terreo con capacidade mínima para 3 persoas e 3.000 litros de capacidade útil para auga.

a) Data da resolución de adxudicación: 13 de xuño de 2014.

b) Adxudicataria: Incipresa, S.A.U.

c) Importe: 1.040.400,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 218.484,00 €.

Importe total: 1.258.884,00 €.

d) Data de formalización do contrato: 22 de xullo de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

• Lote 2: cinco (5) vehículos todo terreo con capacidade mínima para 5 persoas e 2.400 litros de capacidade útil para auga.

a) Data da resolución de adxudicación: 13 de xuño de 2014.

b) Adxudicataria: Incipresa, S.A.U.

c) Importe: 578.000,00 € (sen IVE).

IVE 21 %: 121.380.00 €.

Importe total: 699.380.00 €.

d) Data de formalización do contrato: 22 de xullo de 2014.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta económica máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Mª Isabel Concheiro Rodríguez Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar