De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo xefe territorial.
A comparecencia deberase efectuar, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar sito na rúa Fernández Ladreda, Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 12 de setembro de 2014
Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: INC-PO-0024/2014-LSA.
Denunciado: José Antonio Cacabelos Riveiro.
Acto de notificación: resolución.
Expediente: INC-PO-0142/2014-VNA.
Denunciada: Paula Padín Cacabelos.
Acto de notificación: acordo de incoación.
Expediente: INC-PO-0148/2014-BIO.
Denunciada: Josefa Canosa Muñiz.
Acto de notificación: acordo de incoación.
Expediente: MON-PO-0061/2014-VNA.
Denunciado: Emilio Cochón Barros.
Acto de notificación: acordo de incoación.