Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42812

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de mantemento dos edificios e instalacións que constitúen o Hospital Provincial, mediante procedemento aberto, multicriterio, contratación documentalmente simplificada e tramitación ordinaria (expediente AB-EIP1-14-004).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-14-004.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de mantemento preventivo, correctivo e técnico legal e condución e vixilancia das instalacións do Hospital Provincial, centro dependente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

1) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

d) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 45259000-7, 50000000-5.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 795.272,73 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 481.983,47 €. Importe total: 583.200,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 27 de outubro de 2014.

b) Modalidade de presentación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra 36001.

4) Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C e darase lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra 36003.

d) Data e hora: a data e a hora de celebración da apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (de ser o caso): 10 de setembro de 2014.

Pontevedra, 10 de setembro de 2014

P.A. (Artigo 9 do Decreto 168/2010, do 7 de outubro)
Vicente García Fernández
Director de Recursos Económicos de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés