De conformidade coa proposta elevada pola comisión nomeada para xulgar o concurso para a provisión de prazas dos corpos docentes universitarios, convocado mediante Resolución desta universidade, do 9 de maio de 2014 (BOE do 22 de maio), e presentada pola persoa interesada a documentación a que fai referencia a base oitava da convocatoria,
Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e o artigo 85 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro (DOG do 12 de febreiro), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar o nomeamento que se relaciona no anexo.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola persoa interesada, que se deberá efectuar no prazo máximo de vinte (20) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Non obstante, os interesados poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, perante o órgano que ditou o acto, sen que neste caso se poida interpor o recurso contencioso-administrativo ata que non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, conforme o previsto nos artigos 116 e 117 da LRX-PAC.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014
Juan Manuel Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
Nº concurso |
Nome |
Apelidos |
DNI/NIE |
Corpo |
Área de |
Departamento |
Localidade |
Código |
2341/14 |
José Luis |
Benedito Castellote |
50413293F |
Catedrático de universidade |
Medicina e Cirurxía Animal |
Patoloxía Animal |
Lugo |
A00551 |