Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (856/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Adriana Pérez Alborés contra RYC Restauración, S.L., AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, en reclamación rexistrado co número 856/2012, se acordou citar a AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, en ignorado paradoiro, co fin de que comparezan na sala de vistas deste xulgado do social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, sala de vistas 3, planta baixa, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, o día 1 de decembro de 2014, ás 11.55 horas e ás 12.00 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, e poderán comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que eses actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer no acto de xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, unha vez trasladada esta intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que lle sirva de citación a AJP Guy y Otra, S.C., Antoine Jean Paul Guy Jaud, expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014

A secretaria xudicial