Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 29 de setembro de 2014 Páx. 42614

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2014/161-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: subestación Balaídos, Zona Franca 132 kV.

Situación: Vigo.

Características técnicas: subestación esquema unifilar barra simple, coas seguintes celas 132 kV, blindadas para interior, con illamento en SF6:

• Dúas posicións de liña, Atios 102 e Balaídos 103.

• Dúas posicións para conexión de transformador de GKN Driveline Vigo, S.A. 101 e 104.

• Unha posición de liña EDAR Lagares 104.

• Unha posición de medida de barras.

A instalación está situada dentro do polígono industrial de Balaídos, Zona Franca, Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 1 de setembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra