Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42416

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (453/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 453/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Ezequiel Texeira Manuel de Melo contra Urly Transnorte 2011, S.L.U. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Ezequiel Texeira Manuel Melo fronte á empresa Tercera Urly Transnorte 2011, S.L.U. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección de tal empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise a parte demandante ata a data da notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa citada, segundo a súa opción, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar por ela: 3.219,56 euros.

– En concepto de salarios de trámite para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza calculados a razón de 46,83 euros/día, e que ata a data da presente sentenza ascenden a 7.539,31 euros.

2º. O Fogasa deberase ater á presente resolución nos termos do artigo 23.5 último parágrafo e 6, inciso primeiro, da Lei reguladora da xurisdición social e artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos recollidos no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da Lei reguladora da xurisdición social, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Urly Transnorte 2011, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de setembro de 2014

O secretario xudicial