Por proposta do Pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial, adoptada na súa reunión do 24 de xullo de 2014, de conformidade co establecido nos artigos 599.1.4ª e 337 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial,
Nomeo presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra a Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente da mesma audiencia provincial, por expiración do prazo legal polo que fora nomeado con anterioridade para o mesmo cargo.
Dado en Madrid o 5 de setembro de 2014
Felipe R.
Alberto Ruiz-Gallardón Jiménez
Ministro de Xustiza