Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de setembro de 2014, da Área Provincial de Turismo de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador PO-S-49/2014, por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que se cita a seguir a incoación, ditada pola Área Provincial de Turismo de Pontevedra da Axencia Turismo de Galicia, do expediente sancionador en materia de turismo número PO-S-49/2014, por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar.

Concédese un prazo de quince días, de conformidade cos artigos 3.2 e 16.1 do Real decreto 1398/1993, para que os interesados presenten as alegacións, os documentos e a información que consideren convenientes ou, de ser o caso, propoñan probas concretando os medios dos cales se pretendan valer. Unha vez expirado o prazo sen formular alegacións, este acordo considerarase proposta de resolución, de acordo co disposto no artigo 13.2 do citado real decreto.

Expediente: PO-S-49/2014.

Titular interesada: Rosa Blanco Blanco.

Establecemento: Café-Bar La Cueva.

Enderezo: Porto Cabeiro 98.

Concello: Redondela.

Data da incoación: 6 de agosto de 2014.

Feitos imputados: incumprir ou alterar as circunstancias que motivaron o outorgamento do título administrativo habilitante para o exercicio da correspondente actividade.

Preceptos infrinxidos: artigo 110.3) da Lei 7/2011, do turismo de Galicia.

Sanción proposta: 3.500 euros, de conformidade co establecido no artigo 114.a) da Lei 7/2011, do turismo de Galicia.

Pontevedra, 10 de setembro de 2014

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra