Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42365

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de setembro de 2014 pola que se modifica a autorización do centro privado Santa María del Mar, do concello da Coruña.

O representante da titularidade do centro privado Santa María del Mar, do concello da Coruña, solicita a ampliación de 3 unidades do segundo ciclo de Educación Infantil.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a ampliación de 3 unidades do segundo ciclo de Educación Infantil no centro privado que se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Santa María del Mar.

Código do centro: 15004642.

Domicilio: avenida Pasaje, 69.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Compañía de Jesús.

Composición resultante:

– Educación infantil: 12 unidades.

– Educación primaria: 24 unidades.

– Educación secundaria obrigatoria: 16 unidades.

– Bacharelato: 8 unidades, das modalidades de Ciencias da Natureza e da Saúde, Humanidades e Ciencias Sociais e Tecnoloxía.

– Educación especial: 1 unidade (Psíquicos).

Segundo. Para a posta en funcionamento das unidades que se amplían a Xefatura Territorial da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da jurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria