Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42327

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Traballo e Benestar

DECRETO 119/2014, do 25 de setembro, polo que se dispón o cesamento de Odilo Martiñá Rodríguez como director xeral de Traballo e Economía Social.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Traballo e Benestar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e cinco de setembro de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Que cese, por petición propia, Odilo Martiñá Rodríguez, como director xeral de Traballo e Economía Social, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de setembro de dous mil catorce

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar