Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42462

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 4 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se notifica o levantamento da suspensión e o trámite de audiencia do expediente sancionador na orde social RL 2010/0270-4.

Ao non seren atopados no enderezo coñecido por esta xefatura territorial os titulares da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ao abeiro dos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, a fin da suspensión cautelar e a reiniciación da tramitación do expediente sancionador de referencia, ao ter entrada no Rexistro Único do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Vigo a comunicación da firmeza do auto de sobresemento do Xulgado de Instrución número 2 de Redondela, recaído no procedemento número 249/2010, polo accidente laboral do traballador Jesús Mary García Sánchez.

Os documentos que constan no expediente solidario son:

• Acta de infracción.

• Xustificantes das notificacións.

• Escritos de alegacións das tres empresas solidarias.

• Comunicación da firmeza do auto xudicial.

Concédeselle un prazo de dez días hábiles para formular as alegacións que xulgue pertinentes. Transcorrido este prazo, procederase a ditar resolución.

Expediente: RL 2010/0270-4.

Acta número: I362010000080876.

Empresa: Joama, S.L.

NIF/DNI: B-33020058.

Enderezo: avenida Buenavista, 98; Noreña-Asturias.

Vigo, 4 de setembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo