Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Friol (expediente IN407A 2014/44-2-8180-AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Ganadería García Viña, S.C.

Domicilio social: Guldriz-Friol.

Denominación: liña eléctrica e CT de 100 kVA.

Situación: concello de Friol.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe nun apoio de chapa proxectado (obxecto doutro proxecto expediente 8166-AT) na LMTA existente a CT Guldriz propiedade de Unión Fenosa e final no CT de intemperie proxectado, cunha lonxitude de 49 metros en condutor tipo LA-56.

– CT intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de setembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo