Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 26 de setembro de 2014 Páx. 42407

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio da fase de oposición.

En sesión que tivo lugar o día 18 de setembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou, de conformidade co disposto na base II.2.6 da convocatoria, que o terceiro exercicio da fase de oposición terá lugar o un (1) de outubro de 2014, nas aulas número 11 e 17 da Escola Galega de Administración Pública, situada na rúa Madrid 2-4, (As Fontiñas) de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul. Os aspirantes serán provistos de calculadora polo tribunal, e queda prohibido o uso de calculadoras distintas ás que se lles faciliten.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recolla de móbiles.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

Víctor Martínez Lago
Presidente do tribunal