Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42232

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe da Sección de Prestacións, convocado por Resolución do 24 de febreiro de 2014.

Convocada por Resolución do 24 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 59, do 26 de marzo), a provisión dun posto de xefe da Sección de Prestacións da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, esta xerencia, de conformidade coa competencia atribuída na Orde da Consellería de Sanidade do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefe da Sección de Prestacións da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, convocado por Resolución do 24 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 59, do 26 de marzo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento, se a praza desempeñada e o posto adxudicado son da mesma área de saúde, ou no prazo de quince días hábiles se son de distinta área de saúde. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre a confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 2 de setembro de 2014

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO I

Denominación do posto: xefe da Sección de Prestacións da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Nome e apelidos: M. Luisa Morandeira Caridad.

DNI: 32415939S.