Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 25 de setembro de 2014 Páx. 42274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a inscrición da escritura de disolución e nomeamento de liquidadores da entidade O Roxelo, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no artigo 53 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a escritura de disolución e nomeamento de liquidadores da entidade O Roxelo, S. Coop. Galega no Rexistro Provincial de Cooperativas.

Lugo, 22 de agosto de 2014

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo