Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42045

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (282/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 282/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eduardo Nogueira Fraguío contra Compromiso Tecnológico Software Factory, Fogasa sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decisión:

1º. Que estimando a demanda formulada por Eduardo Nogueira Fraguío contra a empresa Compromiso Tecnológico Software Factory, S.L., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 7.724,47 euros, que lle debe en concepto de salarios, e 772,45 euros debidos en concepto de xuros moratorios.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.5, último parágrafo, e 6, inciso primeiro, LXS e artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra a presente resolución cabe recurso de suplicación nos supostos recollidos no artigo 191 LRXS, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes LRXS.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Compromiso Tecnológico Software Factory, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 4 de setembro de 2014

O secretario xudicial