Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42028

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Cambados

EDICTO (261/2014).

Que, en virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por medio deste edicto cítanse a Xaime da Pena Gutiérrez e a Uxío da Pena Gutiérrez co fin de que comparezan ante este xulgado o día 24 de setembro, ás 10.00 horas, para asistiren á celebración da vista oral da causa xuízo de faltas 261/2014, en calidade de denunciantes-denunciados, que deberá comparecer ao acto de xuízo con todos os medios de proba de que tenten valerse. Poderán igualmente comparecer asistidos de avogado de o desexaren.

Se pretenden propor en xuízo a proba de testemuñas e non se poden encargar persoalmente da súa comparecencia o día e hora sinalados, deberán solicitar a citación xudicial desta/s e achegar a este xulgado, cunha antelación mínima de dez días ao día da vista, os seus datos identificativos e domicilio/s. As citacións serán realizadas pola oficina xudicial, coa advertencia de que no acto do xuízo se deberá propor esta proba.

Apercíbeselles que, se residen ou teñen a súa sede ou local aberto neste termo municipal e non comparecen nin alegan xusta causa que llelo impida, se lles poderá impor unha multa de 200 a 2.000 euros. En caso de residiren ou teren a súa sede ou local/is fóra deste termo municipal, non teñen obriga de concorrer ao acto do xuízo e que poderán dirixir escrito a este xulgado na súa defensa, así como apoderar avogado ou procurador para que presente no acto do xuízo as alegacións e probas de descargo que tiver, conforme o disposto no artigo 970 da Lei de axuizamento criminal.

De conformidade co establecido no artigo 971 da Lei de axuizamento criminal, apercíbeselles que a ausencia inxustificada do denunciado non suspenderá a celebración nin a resolución do xuízo sempre que conste que foi citado coas formalidades prescritas nesta lei, a no ser que o xuíz, de oficio ou por instancia de parte, crea necesaria a declaración daquel.

Son informados de que, en virtude do disposto no artigo 147 da LAC, a celebración do acto non requirirá a presenza do secretario xudicial, salvo que sexa solicitado polas partes polo menos dous días antes da celebración da vista. As partes son informadas de que deberán presentar nota de proba, con copia ao resto de partes.

Cambados, 30 de xullo de 2014

O secretario xudicial