Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de limpeza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral para o Deporte.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Subdirección Xeral de Xestión Deportiva.

c) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20369

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de limpeza no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra).

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia núm. 91, do 14 de maio de 2014.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 203.400,00 €.

Impostos: 42.714,00 €.

Importe total: 246.114,00 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18 de xullo de 2014.

b) Contratista: Soldene, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento oitenta e seis mil euros (186.000,00 €) ao cal se lle engaden trinta e nove mil sesenta euros (39.060,00 €) en concepto de IVE, resultando un total de douscentos vinte e cinco mil sesenta euros (225.060,00 €).

e) Data de formalización: 29 de xullo de 2014.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte