Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 24 de setembro de 2014 Páx. 42063

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Narón (expediente IN407A 2013/54-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Francisco Mata, S.A.

Domicilio social: Loureiro, 1, San Pedro de Visma, 15411 A Coruña.

Denominación: CS, LMTS e 2 CT 800 kVA para industria de reciclaxe de chatarra.

Situación: parcelas X1, X2 e X3, sector IV actividades industriais Río do Pozo, Narón.

Características técnicas: CS composto por 2 celas de liña, 1 de protección, cela de protección xeral e cela de medida. LMTS soterrada de 120 m, illamento etileno-propileno DHV 12/20 kV, 3 (1×240) mm2 Al. CT tipo intemperie, en caseta prefabricada de formigón, formado por 2 trafos Siemens, modelo Geafol de 800 kVA, illamento resina Epoxi/Cuarzo, conexión DYN11, refrigeneración AN, tensión illamento: 24 kV, tensión primario: 15-20 kV, tensión secundario: 420 kV.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 48 e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 29 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña