Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 8 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento para declarar o reintegro e a perda de dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención 36/12/00206.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro e a perda de dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención 36/12/00206 (Orde do 27 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 21 de decembro de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas á utilización de servizos de asesoramento por persoas titulares de explotacións agrarias cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2012).

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na dependencia da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo, situada no Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

Concédeselle ao interesado un prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ao da notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que considere conveniente ao seu dereito ante a Consellería do Medio Rural e do Mar.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2014

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar o reintegro e a perda de dereito ao cobramento parcial da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 36/12/00206.

Interesado: Enrique García Presas.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: Pardesoa, núm. 4, Maceiras, 36516 Lalín (Pontevedra).