Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41941

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de declaración de insolvencia (98/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 98/2013, por instancia de Alberto Pena Louzao contra a executada Susana Seoane Otero, Santín y Otero, S.C., Rosa Mª Santín Gómez, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 2 de setembro de 2014 decreto de insolvencia, no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia parcial, por importe de 18.828,87 euros de principal, máis 1.554,04 euros de xuros de mora, máis 2.039,88 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

A secretaria xudicial