Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 23 de setembro de 2014 Páx. 41928

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de coordinador/a do servizo de enfermaría do nivel de Atención Primaria da dita xerencia, publicada o día 20 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 117, do 20 de xuño).

Convocada por Resolución do 3 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 117, do 20 de xuño), la provisión de diversas prazas de coordinador/a do servizo de enfermaría do nivel de Atención Primaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e da Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia número 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e o Decreto 168/2010, do 7 de outubro (Diario Oficial de Galicia número 199, do 15 de outubro) polo que se regula a estrutura organizativa de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de diversas prazas de coordinador/a do servizo de enfermaría do nivel de Atención Primaria da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, convocada pola Resolución do 3 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 117, do 20 de xuño).

Segundo. Nomear, para os postos que se indican, as persoas citadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Declarar deserta a convocatoria para a praza de coordinador/a de enfermaría do nivel de Atención Primaria, para o Servizo de Atención Primaria de Ames por non concorrer ningún aspirante á dita convocatoria.

Cuarto. Os aspirante seleccionados deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión dos postos de traballo adxudicados deberán efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrito ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a condición de servizo activo e percibiranse os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e a Lei 25/2009, do 22 de decembro, recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto:

Coordinador/a do servizo de enfermaría do nivel de Atención Primaria

Servizo/unidade:

Servizo de Atención Primaria de Teo

Apelidos e nome:

Genma Albela Silva

DNI:

33259452A