Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41748

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 3 de setembro de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística PON/22/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 18 de agosto de 2014, ditou resolución pola que se requiren os promotores das obras de construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Chaián nº 8, parroquia de Laxe, no termo municipal de Moraña, Pontevedra, para que axusten as devanditas obras ás condicións sinaladas na licenza concedida o 2.4.2004, apercibindo os obrigados de que, se transcurrido o prazo de tres meses desde a notificación deste requirimento, non axustasen as obras ás condicións sinaladas na licenza, se acordará a demolición das obras non amparadas naquela a custa dos obrigados e se procederá a impedir definitivamente os usos a que desen lugar, conforme o disposto no artigo 209.5 da LOUG.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a José Bugallo Núñez, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística