Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 19 de setembro de 2014 Páx. 41702

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos tramitados, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para o servizo de transporte de cadáveres que requiran a práctica de autopsias, necropsias e probas de investigación forense que realizará o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) dependente da Administración de xustiza en Galicia (11 lotes).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos contratos administrativos de servizos relacionados máis adiante.

Indicar que no DOG núm. 125, do 3 de xullo de 2014, foi publicada a formalización dos contratos relativos aos lotes 2, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10 e 11 que integran esta licitación, polo que se procede á publicación das formalizacións dos contratos dos lotes 1 e 3 que quedaron pendentes pola interposición de senllos recursos especiais en materia de contratación.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 2014-SEXU 03-13/EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19971

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de transporte de cadáveres que requiran a práctica de autopsias, necropsias e probas de investigación forense que realizará o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) dependente da Administración de xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: once.

Lote 1: área territorial correspondente á dirección do Imelga en Santiago de Compostela.

Lote 2: área territorial correspondente á subdirección do Imelga na Coruña.

Lote 3: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Ferrol.

Lote 4: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Lugo, área da capital.

Lote 5: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Lugo, área da Costa.

Lote 6: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Lugo, área de Monforte de Lemos.

Lote 7: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Ourense, área da capital.

Lote 8: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Ourense, área de Valdeorras.

Lote 9: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Ourense, área de Verín.

Lote 10: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Pontevedra.

Lote 11: área territorial correspondente á subdirección do Imelga en Vigo.

d) CPV: 33940000-1. Equipamentos e material para o transporte e depósito de cadáveres. 33970000-0. Equipamentos e material para cadáveres. 33972000-4. Bolsas para cadáveres.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 13 de xaneiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 693.000,00 € (IVE excluído), incluídas as posibles prórrogas e modificacións.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 330.000,00 €.

Importe total: 399.300,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe neto: 53.333,87 €. Total: 64.533,98 €.

Lote 2: importe neto: 59.279,19 €. Total: 71.727,82 €.

Lote 3: importe neto: 13.793,40 €. Total: 16.690,02 €.

Lote 4: importe neto: 37.699,08 €. Total: 45.615,89 €.

Lote 5: importe neto: 9.176,87 €. Total: 11.104,01 €.

Lote 6: importe neto: 10.960,60 €. Total: 13.262,32 €.

Lote 7: importe neto: 19.276,58 €. Total: 23.324,66 €.

Lote 8: importe neto: 3.239,41 €. Total: 3.919,69 €.

Lote 9: importe neto: 1.309,08 €. Total: 1.583,99 €.

Lote 10: importe neto: 60.660,42 €. Total: 73.399,11 €.

Lote 11: importe neto: 61.271,50 €. Total: 74.138,51 €.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 11 de xullo de 2014.

b) Data de formalización dos contratos: 31 de xullo de 2014.

c) Contratistas:

Lote 1: Transjuca UTE.

Lote 3: Instituto de Tanatología San Lorenzo, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 67.127,27 €.

Importe total: 81.224,00 €. Desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe neto: 53.333,87 €. Total: 64.533,98 €.

Lote 3: importe neto: 13.793,40 €. Total: 16.690,02 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza