Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 18 de setembro de 2014 Páx. 41586

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 3 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes, polo que se notifica ás persoas interesadas o requirimento de documentación de varios expedientes de subvención.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de seren tentadas sen éxito as notificacións persoais a través do servizo de Correos, notifícase aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, o requirimento de emenda de documentación en relación con varios expedientes de subvención. Así mesmo, de conformidade co artigo 71.1 da citada lei, infórmanse os interesados de que, se non emendan a falta ou xuntan os documentos preceptivos nun prazo máximo de dez días, se terán por desistidos da súa petición, logo da resolución ditada nos termos previstos no artigo 42 da devandita lei.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2014

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral de Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: 12360108/2008.

Interesada: CMVMC de Teis.

Último enderezo coñecido: A Paradela, 71, Teis (San Salvador), 36216 Vigo (Pontevedra).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 30 de xaneiro de 2008 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2008 as axudas para o fomento das frondosas caducifolias.

Expediente: 12150045/2009.

Interesada: CMVMC Barbanza de Lesón.

Último enderezo coñecido: Sta. Cruz de Lesón, 1, 15940 A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

Asunto: requirimento de emenda da documentación indicada na Orde do 20 de febreiro de 2009 pola que se establecen as bases e se convocan para o ano 2009 axudas para o fomento das frondosas caducifolias.