Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 18 de setembro de 2014 Páx. 41574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/34-2, 8170 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: recuamento de CTI Herrero.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• LMTA a CTI Herrero a 20 kV, con orixe na LMT Tablicia, P-6 da LMT a CT Penarrubia e final no CTI Herrero proxectado, cunha lonxitude de 59 metros en condutor tipo LA-56.

• CTI Herrero, cunha potencia proxectada de 160 kVA e unha potencia inicial de 50 kVA, relación de transformación 20.000/400-230 V.

• RBTA con orixe no CTI Herrero proxectado e final nas RBT existentes en condutores tipo RZ cunha lonxitude de 300 metros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 27 de agosto de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo