Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Xoves, 18 de setembro de 2014 Páx. 41572

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2014/32-2, 8168 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1º, 27002 Lugo.

Denominación: desvío de instalacións A-54 enlace a Lugo (MT).

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

LMTA a 20 kV, con orixe no apoio nº 8 proxectado da LMT Tablicia e final no apoio nº 9 proxectado da LMT Tablicia, cunha lonxitude de 124 metros en condutor tipo LA-110.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 26 de agosto de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo