Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41500

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de licitación da concesión do servizo de abastecemento de auga e saneamento deste concello.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Mesía.

b) Dependencia: Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: xestión, mediante concesión, do servizo de abastecemento de auga e saneamento do concello de Mesía.

b) Duración: sete anos coa posibilidade dunha prórroga por outros sete anos.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto con multiplicidade de criterios de adxudicación: oferta económica e proxecto do servizo, de conformidade coa ponderación establecida na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas

4. Prezo do contrato: 64.854,61 € anuais, máis IVE do 10 %, 6.485,46 €.

5. Valor estimado do contrato: 907.964,54€.

6. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 22.699,11 €.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: cláusula décima do prego de cláusulas administrativas.

8. Prazo de presentación de ofertas: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG.

9. Documentación que hai que presentar: cláusula sétima do prego de cláusulas administrativas. Lugar: Rexistro Xeral do Concello de Mesía. Xanceda 15685, A Coruña.

10. Obtención de información: Concello de Mesía, Xanceda 15685, A Coruña. Teléfono: 981 68 70 01. Fax: 981 68 70 69, correo@mesia.dicoruna.es e perfil do contratante da páxina web do concello: http://concellodemesia.es

11. Apertura de ofertas: cláusula oitava do prego de cláusulas administrativas.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mesía, 11 de setembro de 2014

Mariano Iglesias Castro
Alcalde