Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41477

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 4 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, que notifica a resolución do recurso de alzada RAI-PO-085/12(IN635A 2011/635-4).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase por anuncio no DOG a resolución do procedemento á interesada que se sinala no anexo.

O interesado poderá comparecer, no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2014

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: RAI-PO-085/12(IN635A 2011/635-4).

Interesada: Mª Carlota Nogueira de Abreu.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.