Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 17 de setembro de 2014 Páx. 41466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 2 de setembro de 2014, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, pola que se notifican as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra os expedientes sancionadores iniciados en materia de transportes terrestres (expediente OU-00375-O-2013 e PO-01401-0-2013).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos recursos de alzada interpostos contra as resolucións sancionadoras ditadas nos expedientes que se citan no anexo porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Contra as ditas resolucións, que poñen fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de non ter aboado o importe da sanción, deberán pagar o dito importe dentro do prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso en calquera oficina do BBVA, de Novagalicia Banco ou de Banesto, empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais da Dirección Xeral de Mobilidade.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

Mercedes López Caneda
Subdirectora xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Resolución recurso

OU-00375-O-2013

5252-FFN

Garda Civil 3203 V46236Y

Pedro Antonio Cerdeño Bascuñana

40295193K

Mas Magrau, s/n

17162 Bescanó

Girona

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

15.2.2013; 15.50.00; N-525; 130,7

Art. 141.17 da LOTT

Art. 143.1.d) da LOTT

401

Desestimado

PO-01401-O-2013

PO-0403-BJ

Garda Civil 3603 T20654Z

Intermodal Sea Solution, S.L.

B39711916

Bº El Ferial, 125, baixo

39719 Marina de Cudeyo

Cantabria

A carencia, falta de datos esenciais, ocultación ou falta de conservación da documentación de control.

13.3.2013; 10.00.00; A-55; 18

Art. 141.17 da LOTT

Art. 143.1.d) da LOTT

401

Desestimado