Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

CÉDULA do 26 de agosto de 2014, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se fai pública unha notificación do procedemento para a imposición de multa coercitiva ditada no expediente sancionador 382/10.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícase á persoa que se cita a continuación a apertura do procedemento para a imposición de multa coercitiva recaída no expediente sancionador instruído por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia (DOG nº 210, do 31 de outubro).

Nº de expediente: 382/10.

Denunciada: Promociones Vilaboa, S.L.

Enderezo: Muíños, 4, 36142 Vilaboa (Pontevedra).

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte día ao da publicación deste edicto para poderen examinar os expedientes no Servizo Provincial de Infraestruturas de Pontevedra, da Axencia Galega de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (rúa Fernández Ladreda, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra) e presentar ante o citado servizo, as alegacións que considere pertinentes.

Pontevedra, 26 de agosto de 2014

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra