Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 16 de setembro de 2014 Páx. 41351

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Marín (expediente IN407A 2014/152-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reordenación LMTS LOZ 804B na rúa Pitanxo.

Situación: Marín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ de 106 metros de lonxitude, con orixe e final no tramo da LMTS LOZ 804B1052, na arqueta existente na esquina das rúas Concepción Arenal e Pitanxo, unha vez que entre e saia do centro de transformación existente A Mouta. A instalación está situada na rúa Pitanxo, Marín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 22 de agosto de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra