Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 27 de agosto de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-01641-O-2014).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se citan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 27 de agosto de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-01641-O-2014

3900-FGL

Garda Civil 1503 W-04047-P

Kerman Tapizados, S.L.

B02529485

Avda. Villena, nº 32, pla. 4, pta. F

02660 Caudete

Albacete

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 7 %.

3.12.2013; 11.15.00; AP-9F; 29,700

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

325 euros