Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se dá publicidade ás autorizacións ambientais integradas outorgadas.

De conformidade co artigo 23, número 3, da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, as comunidades autónomas darán publicidade nos seus respectivos boletíns oficiais ás resolucións administrativas mediante as que se outorgaron, modificaron ou revisaron as autorizacións ambientais integradas.

Atendendo ao anteriormente exposto, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve dar publicidade no DOG á nova autorización ambiental integrada concedida para as actividades industriais que se relacionan a continuación e que se poden consultar na seguinte URL:

http://www.cmati.xunta.es/busca-de-expedientes-da-autorizacion-ambiental-integrada

ou ben nas dependencias da citada Secretaría Xeral, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, 2º andar).

– Resolución do 28 de abril de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Celega, S.L., para a planta de fabricación de produtos lácteos (O Saviñao, Lugo). Nº de rexistro AAI 2012-IPPC-141-264.

– Resolución do 17 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se outorga a autorización ambiental integrada a Reyes Hermanos,  S.L., para unha fábrica de fariña (concello de Pontevedra, Pontevedra). Nº de rexistro AAI: 2013-IPPC-7-265.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental