Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 15 de setembro de 2014 Páx. 41229

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de agosto de 2014, do Servizo de Mobilidade de Ourense, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00315-S-2014 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a directora xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, o interesado deberá aboar a multa imposta empregando o modelo impreso que se facilitará neste Servizo de Mobilidade.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

Ourense, 26 de agosto de 2014

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00315-S-2014

8797-GSX

Policía Autonómica 87874-94363

Logística Ourense, S.L.

B32396236

Tosende, s/n

32668 Allariz

Ourense

Realizar o transporte de mercadorías perecedoiras sen levar no vehículo as marcas de identificación e indicacións regulamentarias ou levalas en lugares distintos aos establecidos

4.12.2013; 17.45.00; Santa Cruz de Rabeda (O Paderne)

Art. 142.16 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

OU-00365-O-2014

6496-HBH

Garda Civil 3201 M30803D

Marfrost Logística, S.L.

B36933216

Gandarón, 79, 1º B

36214 Vigo

Pontevedra

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas

22.12.2013; 12.34.00; A-52; 229

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.g) LOTT Art. 143.4.b) LOTT

100 euros

OU-00367-O-2014

6496-HBH

Garda Civil 3201 M30803D

Marfrost Logística, S.L.

B36933216

Gandarón, 79, 1º B

36214 Vigo

Pontevedra

Exceso nos tempos máximos de condución diaria (sobre 10 horas). Máis de 10 horas ata 11 horas

22.12.2013; 11.52.00; A-52; 229

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT Art. 143.4.b) LOTT

100 euros