1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Número de expediente: OH.188.348.SV.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través da http://www.xunta.es, e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: administrativo de servizo.
b) Descrición: auscultación e vixilancia das presas de Eiras, Baiona e Con.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311000-1.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S249, do 24 de decembro de 2013; Diario Oficial de Galicia núm. 247, do 27 de decembro, e Boletín Oficial del Estado núm. 1, do 1 de xaneiro.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado do contrato: 298.014,08 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.
5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 149.007,04 euros. Importe
total: 180.298,52 euros.
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 25 de xuño de 2014.
b) Data de formalización do contrato: 20 de agosto de 2014.
c) Contratista: Prointega Ingeniería, S.L.
d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 127.699,03 euros. Importe
total: 154.515,83 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total, con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
7. Outras informacións.
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foilles debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia